martes, 19 de xullo de 2016

Viaxes e camiñatas no verán

As visitas a realizar por INCUDE divídense en dúas modalidades; por un lado temos as realizadas en coches particulares nas que non hai cota, simplemente os gastos do combustible dos coches empregados e por outros os organizados en autobús, nos que pedimos unha pequena cantidade para axudar a cubrir gastos.

En todos os casos INCUDE promove a actividade pero as posibles cotas so inclúen as viaxes e non a comida nin outros gastos como entradas que son asumidos polos propios viaxeiros.

Sábado 23 de Xullo – Caaveiro

Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.

Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán

Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes

Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.

Sábado 27 de Agosto – Ortegal

Concretaremos en agosto os días e visitas do mes de Setembro

Fin de semana do 3 e 4 – Museo do Humor (Fene) e castelos.

Fin de semana do 10 e 11 – El Escorial (Madrid)

Fin de semana do 17 e 18 – Castro de Elviña