xoves, 26 de xuño de 2014

EXCURSION AO ORTEGAL

DOMINGO 29 DE XUÑO DE 2014 
Aproveitando a celebración dunhas actividades de xadrez


Saída:
9,30: Centro Universitario de Riazor
O bus sairá dende a parada situada na Casa do Auga.
Realizaremos unha parada en Alfonso Molina, fronte ao Campus de Elviña.

11,45: Chegada a Ortigueira.

O nome "Ortigaria" aparece na Idade Media, nunha relación de terras incluídas no condado de Montenegro. No 929, o rei galaico Afonso IV puxo as terras de "Orticaria" baixo o mando dun dos seus sobriños, Gutiérrez (pai de San Rosendo).

Paseo pola Vila.

Visita logo á Estaca de Bares, espazo protexido catalogado como sitio natural de interese nacional localizado no Mar Cantábrico, na parroquia de Bares, en Mañón, A Coruña. Constitúe o punto máis ó norte da Península Ibérica. Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa, o que creou un ecosistema único. E veremos o Coido de Bares, escolleira de 300 m. de longo. Maciñeira daballe unha orixe fenicia, datandoo no século VII a.C. polo achádego dunhas moedas púnicas, hoxe apuntase mais a un orixe romana desta construcción.

Regreso a Ortigueira.
Pausa para Xantar.
(14,00-16,00 aproximadamente)
Cada viaxeiro encárgase da súa comida. Se vai bo tempo achegarémonos á praia de Ortigueira.

16,30: Cariño
Visitas ao Cabo Ortegal un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares. Algúns consideran este cabo e non o de Bares o quilómetro cero do Mar Cantábrico. Polo seu extraordinario valor xeolóxico, morfolóxico, ornitolóxico e, por suposto, paisaxístico, Ortegal está incluído no lugar de interese comunitario Costa Ártabra.

Logo veremos a Vixía Herbeira, o punto máis alto da Serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo e o cuarto de maior altura de Europa se incluímos as illas.

Mais tarde achegaremonos á capela de San Andrés, famoso santuario onde, segundo o devandito popular
vai de morto quen non foi de vivo. Os romeus tiñan o costume de tirar unha pedra nos túmulos ou "milladoiros" que se atopaban a ambos os dous lados do camiño.

Retorno á Coruña ás 19,30 desde Cariño.

A colaboración cos gastos do bus son 5 euros por persoa.

Todos os viaxeiros que xoguen os torneos de Xadrez terán como agasallo unha camisola do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario